A noite dos mortos vivintes

Barbara (Judith O´Dea) e o seu irmán Johnny (Rusell Streiner) diríxense cara un camposanto dunha pequena localidade de Pennsylvania, logo de viaxar moitas horas para chegar ata alí. Vánlle colocar unha coroa o seu padrastro, xa que tódolos anos desaparecía por motivos descoñecidos. De súpeto, aparece un ser que ataca a Barbara. O seu irmán para defendela, abalánzase sobre el, pero este é superior en forza a Johnny, que cae contra unha lápida. Barbara logra escapar, refuxíandose no seu coche e logo correndo ata unha casa cercana. Na casa atópase con Ben (Duan Jones), un home que xa loitara contra estas criaturas e coñecía algúns dos seus puntos febles (coma por exemplo, o lume). Atrinchéranse na casa, clavando madeiras nas portas e ventás... Máis tarde descubren que non están sós. No sótano estaban agachados unha parella (Tom e Judy interpretados por Keith Wayne y Judith Ridley) e a familia Cooper.
Tras conseguir contactar co mundo a través da radio e da televisión, os integrantes da casa buscan alternativas para poder escapar, ou ben refuxiarse de forma segura ata que os rescaten... Escaparán? Quedaránse na casa para que os vaia rescatar? Morirán?...
Creo que esta película é un clásico do cine de terror, e é obrigatorio vela, xa que, deste xeito, entendémola base das outras películas... Aínda que non sexa unha película de calidade, pero o argumento e a dinámica da acción é novedosa na época, e trata de dárlle un sentido e un punto de vista distinto ó cinema.
0 comentarios